Presentación no Centro Cultural Parada Justel 5 de decembro 2014
![]() |
Cartaz da Presentación |
O
pasado 5 de Decembro xuntámonos no Centro Cultural “Parada Justel” para facer a
presentación da Monografía nº 2 da SAGA – “Petróglifos Inéditos das Comarcas de
Ourense e Allariz-Maceda”.
Polo
apoio recibido, quero agradecer a todos os que vos achegastes ata Esgos na
tarde do pasado día 5 de decembro, sei que moitos tivestes que facer un gran esforzo para poder
acompañarme.
E
a Esgos e os seus responsables, por acollernos de esta forma, facéndonos sentir
como na casa.
Situacións
coma esta, fan que o traballo necesario para chegar ata aquí, pareza sinxelo.
Esas picadas dos toxos ou as torceduras de nocello, mais as horas de análise
para facer esas fichas de cada elemento queden esquecidas e recordemos só estes
momentos de “gloria”, isto fainos retomar estes traballos con unha ilusión
renovada.
Este
esforzo non se viu recompensado en todo pola pouca destreza de este servidor,
que falto de practica acusou en demasía o “debut”, polo que para a próxima
tentaremos mellorar, xa que temos espazo para tal mellora.
Aquí
quedan unhas imaxes do acto a xeito de recordatorio, para que nos
vexamos.....cando isto xa non sexa mais que unha anécdota.
Vemos agora un video resumo da presentación.
Espero que fose do voso gusto, e vémonos na próxima.
Ata outra
A piques de comezar |
O Centro Cultural enchéndose |
De feito encheuse |
Últimos preparativos |
E por fin o "debut" produciuse. |
Fomos saíndo adiante a "trancas e barrancas" |
Fomos rematando con agradecementos varios. |
O público volcado. |
A atención faise evidente nesta foto. |
Incluidos os mais pequenos. |
Xa mais tranquilos, con algunha nota. |
Os asistentes volcándose no mercadillo. |
E no remate, foto para a "posteridade" xunto ó "mestre" |
Non podía faltar unha mención para os reporteiros. |
![]() |
Eles fixeron un gran traballo na sombra. |
![]() |
Mención aparte tamén merece o gran Ambrosio |
![]() |
O "Camera Operator" |
Vemos agora un video resumo da presentación.
Ata outra