Chegado o
momento en que xa temos tal cantidade de gravados no noso concello, faise necesario por un pouco en orde estes tesouros que inundan os nosos montes, e
así poder apreciar o seu valor.
Para elo temos
que facer un pouco de historia, e ver como foron emerxendo entre nos.
Cando a comezos do 2010 acordamos con unha gran nova nos
xornais http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2010/01/17/0003_8232062.htm, a
algúns deunos un brinco o corazón, recordando aquelo que estudamos de novos
“Los petroglifos son característicos de la costa”, dando a entender loxicamente
que no interior non existían.
Manda carallo, “habelos hainos”, no interior tamén, ou
acaso que son aquelas gravuras que teño atopado?
Puxémonos a investigar un pouco, e fómonos decatando do
seguinte:
Ata entón no
noso concello estaban documentados primeiramente 3 e 2 engadidos
posteriormente. Vendo a documentación, dinos que os tres primeiros son en Presqueira,
O Calvario e Cardoeiro:
Imos ir vendo
todos os petróglifos de Molgas, comezando de forma cronolóxica polos primeiros
documentados e seguindo segundo os seus descubridores.
Cando falamos
de descubridores, referímonos a aqueles que lle chamou a atención ese ben, de
tal modo que decidiu polo en valor, xa que para el era o suficientemente
importante. En ningún caso a palabra descubridor se utiliza para definir a
acción de descubrir algo que estaba desaparecido, xa que estes petróglifos non
estaban desaparecidos, nunca se perderan, senón que non se lle fixera atención
ata o de agora.
Antigos
01 - Petróglifos
de Presqueira
Sobre estes non temos dúbida ningunha, trátase dos
coñecidos Petróglifos do San Vitoiro
Posiblemente
os únicos que coñece a maioría da xente, sendo un dos motivo polos que se achegan
a nosa terra visitantes.
Os Petróglifos de San Vitoiro
sitúanse a carón da capela do mesmo nome. A súa maior parte están situados na
laxe que está debaixo do penedo onde posteriormente esculpiron un anxo e
puxeron un cruceiro, que se supón para cristianizar a zona.
Na laxe podemos ver varios
motivos circulares, coviñas e canles entre algunha, así como cruces de termo,
unha nesa peneda e outra na que fai de base ó cruceiro.
Polo outro lado da estrada de
Molgas a Presqueira, a uns 50 m. dos anteriores atopamos outros círculos.
Suponse que nesta zona podían existir máis, desafortunadamente por aquí tivo
lugar a extracción de pedra para facer o Santuario dos Milagres no século
XVIII.
Cruceiro e petróglifos do San Vitoiro I |
Petróglifo San Vitoiro II |
02 - Petróglifo no Calvario ou Monte da
Grama
A documentación de este ben, á que tiven acceso, falaba
de forma hipotética do que podería ser, pero non chegaba a concretar, pois non
se sabía da súa localización correcta, e polo tanto non se chegara a ver polos
documentadores.
A información era a seguinte:
“Non dimos atopado esta referencia por mor do mesto do
monte. Ao parecer trátase dunha gravura na pena que representa un circulo con
coviña central inscrito nun dobre recadro. Podería ser o linde entre as
parroquias de S. Estevo de Ambía e Sta. María de Poedo”.
Penedo da Demarcación |
Alquerque de Nove remarcado con fariña de arroz |
Fixéronse varios intentos para localizalo, Ambrosio
Borrajo, logrou dar ca súa localización, o Penedo
da Demarcación, para asegurar o intento, non quedou outra que falar cas
“enciclopedias” andantes, os vellos do lugar.
Aínda así non foi quen de dar con el, pois o penedo está
moi desgastado, dificultando a visión do debuxo. Tivemos que facer outra
expedición, pois catro ollos sempre viron mais que dous.
Cando por fin o localizamos, démonos conta que non tiña
nada que ver cá definición exposta anteriormente. En realidade trátase dun alquerque de nove, taboleiro de antigo
xogo probablemente da idade media, podería ter relación cá torre dos Ambía, que
non distaba moito de este penedo.
Por suposto que tampouco coincide cá “demarcación” actual
das parroquias de Ambia (San Estevo) e Poedo (Santa María), dista moito da liña
actual.
03 - Petróglifo da Peneda da Moura
Peneda de gran tamaño, sobre a que aparecen gran
cantidade de coviñas de tamaño regular, todas por igual de uns 3 a 4cm de
diámetro e 1,5cm de fondo, concentradas maiormente próximas a unha gran pía
natural.
Polo lado de nacente ten feitos uns pequenos chanzos para
subir a cima, para meter a punta do pé e axudarse a ascender.
Peneda da Moura |
Na cima tamén ten unhas zonas traballadas con algún fin, canles
que saen de algunha coviña e traballos arredor de algunha pía natural, en algún
dos casos podería ser a representación de unha vulva.
Nos anos oitenta do século XX colocouse un gran pao para
suxeitar unha bandeira, este pao a modo de mástil amarrouse con cemento, que a
piques estivo de estragar a gravura.
Posible vulva na Peneda da Moura |
Este petróglifo e un dos 3 primeiros documentados con que
contou Baños de Molgas durante moitos anos.
Atópase subindo dende Cardoeiro cara o Monte Cubreiro,
monte este cheo de túmulos e varios petróglifos.
Logo de estes
tres primeiros, apareceu outro na Lampaza de Santa Eufemia e un mais en Brandín.
04 - Petróglifo de
Santa Eufemia ou Lampaza I
Esta gravura, está realizada sobre un afloramento
granítico, con caída cara o Sur, que levanta pouco máis de 1,5m da rasante do
terreo.
Vista do penedo da gravura e o monte da Ambiela detrás |
Ten representadas un total de catro coviñas de entre 10 e
7 cm de diámero e unha fondura de entre 1 e 3 cm, tamén se aprecian na rocha
outras coviñas naturais.
Trátase de un dos cinco primeiros petróglifos
documentados no concello de Baños de Molgas
Detalle das coviñas |
05 -
Petróglifo de Brandín ou Peneda da Moura
Gravura de Brandín |
A documentación fala do chamado
Peneda da Moura, e describe unha peneda sobre a que estarían localizadas 19
coviñas.
Pois ben, chegamos a conclusión de que este nome está
errado, cando atopei a seguinte información compartida no Facebook por Xabier
Moure, sobre unha peneda atopada no século XIX.
Coviñas sobre a Peneda da Moura |
A Laxe de Carrás (Almoite): Descuberta no ano 1837 polo deán Juan Bedoya, José de la Fuente e Verea y Aguiar. Bedoya enviou un debuxo a acuarela á Academia da Historia. (Falaremos despois de esta peneda)
Por pescudas
que temos realizado, parece ser que a pena quedou enterrada cando asfaltaron a
pista que pasa polo lugar (que saíndo de Brandín, chega ata a que une Almoite
con Piuca).
Con total
seguridade e a mesma que o Castastro de Ensenada menciona como Peneda da Moura
(de ese nome ven a confusión) que marca os límites entre as parroquias de
Almoite (Santa María) e Betán (San Martiño), na zona do Monte Carrás.
Cando se fixo
público na prensa os achados de José Paz, a comezos do 2010, tamén por algunha
confusión nos nomes, foi documentada con ese mesmo nome de (Petróglifo de
Brandín) outro que tampouco dista demasiado, atopámolo subindo de Cardoeiro
cara o Monte Cubreiro(04), debido a ese pequeno erro, actualmente temos no concello
dous penedos con gravuras, documentados co mesmo nome Peneda da Moura, e sen
ser realmente ningún de eles o correcto. (Conclusión persoal)
Con estes
cinco petróglifos documentados, uns mellor que outros, estivo Molgas moitos
anos, ata que apareceu José Paz e comezaron a aparecer unha chea de eles,
nestas terras do interior, onde non se sabia que existiran anteriormente.
Como xa
dixemos nas primeiras liñas, a comezos do ano 2010, un xubilado veu a pasar uns
días no balneario. Gustáballe saír a dar paseos pola contorna e de paso por en
practica os seus coñecementos na materia, pois o seu fillo é arqueólogo.
Se abrimos o link, podemos ler de onde saíu o erro que
fixo confundir a Peneda da Moura o Penedo que se sitúa subindo de Cardoeiro
cara o Monte Cubreiro, que e no que se puxo o pao da bandeira suxeito con
cemento, fai moitos anos.
Este e o párrafo:
“Los que ya estaban catalogados se conservan bien pero
uno de ellos vio como en su momento colocaron una bandera sobre la Pena da
Moura, en Brandín, poniéndole cemento. El grabado se salvó por poco”.
Agora temos claro que se referían a Pena da Moura de
Cardoeiro, indicando que era en Bradín, o estraño e que este petróglifo non era
un dos atopados por Paz, senón que xa se coñecía con anterioridade.
A continuación vemos as gravuras que descubriu José Paz:
Distínguense claramente unha ducia de coviñas cun tamaño irregular, entre 2 e 6
cm. de diámetro, cunha profundidade entre 1 e 3 cm.
Arredor das coviñas de maior tamaño, que se sitúan na parte máis alta da peneda, vemos un suco polo lado suroeste (retocado recentemente), que se perde polo lado nordeste, por mor da erosión.
José Paz
06 –
Petróglifo de Ansuiña I
Posiblemente sexa este o “PETRÓGLIFO” de Baños de Molgas,
a obra mestra con que o antigo canteiro quixo deixar a súa pegada na nosa zona,
facendo unha representación espigada.
Ansuiña I Penedo que pasa case desapercibido. |
Trátase dun petróglifo con forma de espiga, está a carón do campo de
fútbol, polo que case se estraga cando se fixo este.
Para representar a espiga, aproveitaron unha fenda da
rocha para facer o talo, por medio de canles fixeron as ramificacións rematadas
en pequenas coviñas.
Detalle da gravura espigada |
Dependendo da época do ano e do estado da pedra, pódese
apreciar mellor ou peor a súa perfección.
07 – Petróglifo da Poza ou Monte Penouzos
Esta gravura atopámola na beira da estrada que seguindo
do campo de futbol nos leva cara Foncuberta.
Penedo no Monte Penouzos |
Penedo de 1,5 m. por 3 m. e unha altura de 0,45 m., sobre
o que podemos ver o gravado en cuestión, formada por varias coviñas de
distintos tamaños e parte dun gran círculo.
Coviñas e rebaixe en círculo. |
Arredor das coviñas de maior tamaño, que se sitúan na parte máis alta da peneda, vemos un suco polo lado suroeste (retocado recentemente), que se perde polo lado nordeste, por mor da erosión.
08 – Petróglifo
Lagoa Almoite
Despois do campo de fútbol, Paz decidiuse a cruzar o
regueiro para chegar a Lagoa de Almoite, onde localizou outra pedra con
gravuras.
Peneda na Lagoa de Almoite. |
Nunha laxe que
sobresae moi pouco sobre a superficie do terreo, sitúanse unhas cincuenta
coviñas de pequeno tamaño, de 2 a 3cm de diámetro e pouca profundidade.
Aparecen
espalladas pola superficie, sen un orde aparente, iso si, concentradas en
varias zonas.
Pequenas coviñas sobre a pedra. |
09 –
Petróglifo de Nogueira de Arriba
Bolo de Nogueira de Arriba. |
Cazoletas desgastadas. |
A gravura atópase
sobre bolo granítico de 2,5m de diámetro, por algo menos en altura. Trátase de
unhas 8 coviñas ben definidas espalladas pola superficie superior, con unhas
medidas de uns 5cm de diámetro, tamén se intúen outras que están moi
desgastadas.
Este petróglifo
de Nogueira ou do Corgo I, atopado por Paz o día que subiu da aldea de Nogueira
de Arriba cara o Monte Cubreiro.
10 –
Petróglifo de Ligo Bouzas
Bolo na zona do Ligo |
5 Coviñas moi desgastadas que se
encontran na parte alta de un bolo granítico algo alongado.
Tres de estas
cazoletas teñen un diámetro medio aproximado de 5cm e escasa fondura, 1,5cm
aproximadamente. As outras dúas son de maior diámetro, uns 8cm e a mesma
fondura.
Coviñas desgastadas na superficie superior. |
Atopado por
José Paz no seu paseo cara Bouzas.
11 –
Petróglifo de Monte Cubreiro I
En pequeno outeiro rochoso na parte mais elevada do Monte
Cubreiro, José Paz atopou esta gravura formada simplemente por 3 coviñas ben
definidas.
Outeiro rochoso no Monte Cubreiro. |
Teñen un
tamaño aproximado de 6 a 9cm de diámetro e unha fondura non superior a 2,5cm
Estas
cazoletas están aliñadas de norte a sur, a continuación de elas intúese outra
mais pequena.
Practicamente
na cima dun curuto granítico, ao seu Oeste, atopamos tres coviñas de entre 10 e
6 cm de diámetro e unha fondura de entre 3 e 2 cm.
Coviñas aliñadas. |
Este foi o primeiro de dous que encontrou José Paz na
procura de gravados neste Monte Cubreiro.
Penedo Cubreiro II |
Peneda moi erosionada no Monte Cubreiro que na súa parte
alta ten unha pía natural de que baixa uns grandes sucos de erosión.
Na parte
alta ó carón da pía ten concentradas en pequena zona unhas 20 coviñas moi
desgastadas, tendo un diámetro aproximado entre 3 e 5cm e unha fondura entre
1,5 e 3cm.
Coviñas desgastadas e cheas de liques. |
A unha cota inferior intúense outras catro, pero moi
erosionadas. No mesmo curuto está gravado o escudo do Atlético de Bilbao.
Pedra na Raposeira chea de coviñas. |
Preto do pobo de Santa Eufemia, entre unha carballeira,
aparece unha peneda illada na que se poden ver un bo número de cazoletas dun
tamaño bastante igualado, entre 5 e 8 centímetros e unha profundidade ben
marcada.
Coviñas ben definidas |
Aparecen espalladas pola rocha, sen ningún orde aparente, nin
orientadas nin aliñadas.
14 –
Petróglifo Santa Eufemia II ou da Lampaza II
Visión xeral das penedas. |
Esta gravura ten 4 cazoletas
xuntas aliñadas de nacente a poñente, unha de elas repicada, con unha barrena
para fender a pedra, outra coviña separada, e intúese algunha mais. Teñen un
diámetro de 4cm aproximadamente, e unha fondura próxima ós 2cm.
Detalle das cazoletas. |
http://patrimoniogalego.net/index.php/95168/2017/06/petroglifo-de-santa-eufemia-ii/
Distínguense unhas canles que unen algunhas destas cazoletas, aínda que varias son contemporáneas da gravura principal, obsérvanse varios de estes sucos feitos polos rapaces que se xuntaban a xogar cós carrabouxos enriba da pedra a mediados do século XX, mentres estaban cás vacas no monte pola zona.
As gravuras aparecen na parte
alta de un penedo que ten esa zona redondeada, onde se distinguen 3 coviñas moi
desgastadas. Un pouco mais abaixo ten varios círculos arredor, así como algunha
cazoleta mais, espallada pola peneda.
Peneda da gravura |
Toda a pedra está moi
desgastada, polo que non se aprecia moi ben todo o petróglifo.
Parte alta da peneda, moi desgastada. |
Foi o primeiro nesta zona de Presqueira, xusto antes que os mais chamativos
do monte Campelos e mais concretamente os de Pena Coitela.
16 –
Petróglifo de Campelos I
Peneda onde aprezamos as gravuras. |
Este afloramento apenas si sobresae da rasante do chan.
Aínda que está moi erosionado, distinguimos un mínimo de catro motivos de
círculos concéntricos con coviña central, da que saen cadanseu suco. Os
gravados están moi erosionados, sobre todo os circulares.
Xunto a estes tres motivos distínguense catro podomorfos
(tres de eles xuntos) e unha cazoleta illada.
Motivos circulares e podomorfos. |
Estivo a piques de desaparecer cando as obras do AVE decidiron que a zona
fose unha escombreira para depositar os cascallos que xeraba a construción de
un túnel próximo.
17 –
Petróglifo de Campelos II
No cumio dun pequeno outeiro granítico(a Pena Coitela),
nunha pena que pouco sae da rasante do terreo, aparecen gravadas 5 coviñas de
pequenas dimensións, cun diámetro medio de 4 cm e unha fondura de 1.
Peneda na Pena Coitela do Monte Campelos. |
De polo menos tres
destas coviñas sae cadanseu suco, tendo dous de eles unha lonxitude
considerable e unha fondura de entre 2 e 3cm.
Serían a
representación de varias serpes arrastrándose pola superficie do penedo, sendo as cazoletas a cabeza.
Representación das serpes, con sucos profundos. |
Estivo a piques de
desaparecer cando as obras do AVE decidiron que a zona fose unha escombreira
para depositar os cascallos que xeraba a construción de un túnel próximo.
Técnicos de Patrimonio
Trala
aparición dos petróglifos Campelos I e Campelos II gracias a José Paz, e tras a
pertinente documentación por parte de Patrimonio, apareceron mais penedas con
gravuras na zona.
Como esta pedra que tamén sobresae pouco da rasante do
terreo, na que podemos ver gravado un motivo circular, formado por dous sucos
circulares concentricos, sendo o maior de un diámetro próximo a 25cm, tendo no
centro unha coviña.
Peneda da gravura. |
Dende a cazoleta central sae un suco que cruza os dous
círculos e estirase en dirección sur uns 25cm mais. Dende a intersección de
este suco e o circulo maior, sae outro suco con curvatura aberta cara poñente,
rematado en coviña.
En dirección nordés ten unha cazoleta afastada uns cms do
círculo maior.
Motivo circular. |
A profundidade dos sucos que forman os círculos mais as
canles, teñen unha fondura de 1,5cm e un ancho de 2cm aproximadamente.
A escasos metros aparece unha cruz de termo gravada nunha
pedra, márcanos a liña divisoria entre as parroquias de Presqueira (San
Martiño) e Ambía (San Estevo).
Como esta pedra que tamén sobresae pouco da rasante do
terreo, na que podemos ver gravados varios motivos circulares moi desgastados e
algunha coviña.
Peneda con varios motivos circulares. |
Dáse a curiosidade que a plena luz do dia apenas se
distinguen, resaltan moito mais pola noite ca luz da lúa ou con luz artificial
incidindo horizontalmente sobre a pedra.
Petróglifo iluminado con luz artificial. |
A escasos metros de esta peneda aparecen outras con
pequenas gravuras.
Fotos: Alex Negreira
Anónimo
Temos no
concello un petróglifo, que aínda sendo coñecido anteriormente a chegada de José
Paz, el tamén se fixou nel, pero nunca se decidiu comunicalo a Patrimonio, pois
pensábase que era froito dos xogos dos rapaces que se xuntaban a xogar sobre el,
ou que estaba tan retocado que non o aceptarían como tal.
20 -
Petróglifo de Ansuiña IV
Preto do campo de
fútbol, e non moi lonxe do espectacular Ansuiña I, aparece este tamén
interesante petróglifo.
Peneda que sobresae pouco do terreo, preto do campo de fútbol |
Sobre unha peneda de uns
2,5 m. de longo por 2 m. de ancho e de pouca altura, distinguimos unha morea de
coviñas de varios tamaños. Indo dende as pequenas de 2,5 ou 3cm. de diámetro
ata as de 10 cm.
Coviñas e canles, algún retocado. |
Distínguense unhas canles que unen algunhas destas cazoletas, aínda que varias son contemporáneas da gravura principal, obsérvanse varios de estes sucos feitos polos rapaces que se xuntaban a xogar cós carrabouxos enriba da pedra a mediados do século XX, mentres estaban cás vacas no monte pola zona.
Pepe Oliva
Gran coñecedor
dos nosos montes, Pepe fai os seus recorridos por eles cámara en mao para
retratar a súa gra riqueza.
Preto da súa querida Santa Eufemia, atopou Pepe Oliva
esta gravura, no comunal da Lampaza, ó carón de outros petróglifos similares.
Peneda na lampaza. |
Trátase dunha rocha de forma alongada, de non moita
altura, que ten pola súa superficie mais de unha ducia de cazoletas espalladas
sen aparente orden.
O tamaño das cazoletas oscila entre os 4 e 6 centímetros.
Cazoletas pola superficie chea de musgo e liques. |
Acédese desde Sta Eufemia polo camiño que nos leva a
Lampaza, na primeira bifurcación colleremos a esquerda, unha vez chegado iremos
cara o fondo do comunal en dirección o río Arnoia e alí entre outras varias
penedas a atoparemos, preto de un camiño que sae a dereita.
Pepe curiosiño como sempre meteuse baixo a Ponte Nova e
atopou esta xoia escondida e a súa vez gorecida debaixo de ela.
Río Arnoia debaixo da Ponte Nova en época de estio. |
Debaixo da ponte Nova de Baños de Molgas, ponte preto do
Balneario, na estrada de Allariz o Alto do Couso.
Xusto o lado do machón do medio da ponte, pódense ver unhas pozacas ou pías (tamén chamadas bañeiras do mouro do demo…) feitas por auga o longo dos tempos.
Xusto o lado do machón do medio da ponte, pódense ver unhas pozacas ou pías (tamén chamadas bañeiras do mouro do demo…) feitas por auga o longo dos tempos.
Nas épocas en que o caudal o permite, vese unha peneda debaixo da ponte, que conten varias cazoletas concentradas en dúas zonas.
Cazoletas ben remarcadas. |
Nunha das zonas atópanse varias cazoletas xuntas unhas 8
ou 10, todas arredor de unha central, case todas bastante erosionadas polas
crecidas do río Arnoia. Na outra zona atopamos tres cazoletas menos erosionadas
e ben definidas, aliñadas na peneda.
As dimensións de todas elas e de 5-8 cm de diámetro por
uns 2-3 cm de fondo.
http://patrimoniogalego.net/index.php/25588/2012/09/petroglifo-debaixo-da-ponte-nova-de-molgas/
23 -
Petróglifo de Pena Gacha I
Foi atopado por Pepe Oliva nun paseo pola Pena Gacha, xa
próximo ó Monte Campelos.
Peneda rachada. Foto de Pepe Oliva. |
Peneda fendida en dous anacos, sobre un de eles podemos
ver tres motivos circulares con coviña no interior. En dous de eles, os mais visibles, aprécianse uns canles entre eles. Os círculos exteriores fan unha especie de oito unindo
os dous.
Detalle dos dous motivos circulares unidos. Foto Pepe Oliva. |
Os sucos que forman os círculos mais as canles de
unión, teñen unha fondura de 1,5cm e un ancho de 2cm aproximadamente.
Tita e Ana
Dando un paseo
polos camiños próximos a Bouzas, estas dúas mulleres notáronlle algo estraño a
unha pedra na beira da carreira, e parece que non se trabucaron.
24 -
Petróglifo de Bouzas
Pedra exenta
irregular que formaba parte da parede de peche dun eido preto do pobo de
Bouzas, duns 65cm de largo por 40cm de ancho e case 30cm de espesor.
Pedra na situación orixinal. |
Nunha das súas caras ten gravados con sucos bastante profundos, cinco círculos
concéntricos interrompidos por algún suco atravesando dende o centro cara ó
exterior, e pequenas cazoletas no centro.
Foi atopada casualmente por estas mulleres, unha de elas traballadora do concello, déronse conta do perigo que tiña este achado, pois entre dúas persoas moven a pedra facilmente, e podería ser roubada.
Foi atopada casualmente por estas mulleres, unha de elas traballadora do concello, déronse conta do perigo que tiña este achado, pois entre dúas persoas moven a pedra facilmente, e podería ser roubada.
Pedra na situación actual. Foto Alex Negreira. |
Algo que finalmente ocorreu, a súa descubridora decatouse da súa falta no Nadal
de 2012.
O Concello puxo uns bandos pedindo a devolución do petróglifo e parece que o espoliador colleu medo e levouno ó aparcadoiro do Concello.
A pedra permanece gardada na capela de Bouzas, a espera de que decida facer con ela Patrimonio.
O Concello puxo uns bandos pedindo a devolución do petróglifo e parece que o espoliador colleu medo e levouno ó aparcadoiro do Concello.
A pedra permanece gardada na capela de Bouzas, a espera de que decida facer con ela Patrimonio.
Ambrosio Borrajo
Loitador incansable pola causa, Ambrosio tamén aportou o seu gran
de area na localización de gravados no seu concello. Para outro traballo temos
material de abondo con todo o que el fai desinteresadamente en prol do
patrimonio Molguense.
Preto da Ponte de Vide,
collendo unha pista de terra cara os Milagros, localízase unha zona chea de
restos de cantearía e nun dos poucos penedos que quedou enteiro na beira da
pista, vemos a gravura.
Peneda orientada cara o sur. |
Trátase de unha peneda con unhas dimensións aproximadas
de 2x1,5m, de pouca altura sobre o terreo, sendo este en pendente cara o
suroeste. Que se unimos todo isto a que a auga do río esta próxima, temos o
caldo de cultivo propicio para a localización de petróglifos de este tipo.
Coviñas sobre a superficie chea de musgo. |
A tipoloxía e de coviñas de distintos tamaños que están
espalladas pola superficie da peneda.
Podemos ver cazoletas dende 4cm de diámetro a outras de
10cm, ven marcadas, aínda que os liques non no las deixan ver todo o ben que
quixéramos.
Curiosamente o topónimo do lugar é A Peneda, en clara
alusión a esta gravura.
Benxamín Blanco
Novo
acompañante no descubrimento de gravuras, no que xa se fixo un esperto
localizador.
26 -
Petróglifo de Pinillas
Poucos metros cara o
sur do muiño do Matulete, localizou este penedo, practicamente o único pola
zona.
Penedo cheo de broza. |
Penedo con unhas
dimensións aproximadas de 3m de longo por 2,5m de ancho e levantando 1,5m do
terreo, no que podemos observar varios tipos de gravuras. Distinguimos unha
media ducia de coviñas con unhas dimensións medias de 5cm de diámetro e unha
fondura próxima ós 2,5cm.
Detalle das coviñas na superficie superior. |
Ademais distínguense zonas con sucos en círculos
incompletos e polo lado norte ten uns chanzos que en parte son naturais, e
están traballados para facilitar o aceso cara a cima do penedo.
Gavilanes67
Un
humilde servidor, tamén
fixo a súa pequena aportación, intentando por en valor o gran potencial que
temos no concello, sobre todo neste dos petróglifos, no que mais involucrados
estamos.
Varios de
estes achádeos foron cando nos pasamos a ver algún dos que me comunicaba
Ambrosio Borrajo.
27 - Petróglifo
Ansuiña III
Petróglifo de tipoloxía semellante a outro que se atopa
próximo ó campo de fútbol de Baños de Molgas, na zona coñecida como A Insuíña.
Sen dúbida foi obra do mesmo canteiro que fixo o espigado da Ansuiña I.
Peneda na Ansuiña, onde están as gravuras. |
Detalle de unha coviña con canle. |
Igual que este, ten os mesmos sucos fondos con coviña no
final do trazo. O penedo sobre o que se atopa está moi desgastado polo que se
aprecian mal.
28 -
Petróglifo Lagoa de Almoite II
Penedo da gran tamaño, que na
súa parte mais elevada ten unha pía natural, no seu lado noroeste. Dende esa
pía ata o borde do penedo ten 6 coviñas ben marcadas e algunha que se intúe.
Localización das coviñas, tras a pía natural. |
Están practicamente todas elas aliñadas, o tamaño varía entre a maior de uns
9cm de diámetro ata a mais pequena de uns 5cm de diámetro.
Coviñas aliñadas. |
Dificulta bastante a visión da
gravura, que estea a pedra chea de liques e a gran erosión sufrida pola peneda.
29 - Petróglifo
Lagoa de Almoite III
Este sinxelo petróglifo, sobreviviu de milagre ós labores de roza levados a cabo con grandes
máquinas. Parte da laxe onde se atopa sufriu os golpes das cadeas da rozadoira,
que arrincaron anacos da pedra.
Peneda estragada en parte pola maquinaria. |
Coviñas salvadas de milagre. |
Consérvanse tres coviñas cun tamaño de 4 ou 5 cm de diámetro,
unha de elas moi desgastada.
30 - Petróglifo
do “Mojón”
Peneda orientada cara nacente, na zona denominada
“Mojón”, dita peneda ten dispersadas pola súa superficie unhas 40 coviñas de
tamaños comprendidos entre os 4 cm de diámetro e os 8 cm de diámetro. A maior
concentración das cazoletas está cara poñente.
Peneda na zona do "Mojón" |
Coviñas polo lombo da pedra. |
Unha limpeza da pedra sería moi conveniente para poder
admirar a grandiosidade da gravura.
31 - Petróglifo
da Lampaza IV
A proximidade a un camiño e a curiosidade do camiñante
puxeron os medios para que se atopase este petróglifo inédito ata o de agora.
Peneda na zona da Lampaza. |
Trátase dun pequeno penedo de forma arredondada, sobre o
que se poden ver varias coviñas de tamaño medio (uns 5 cm.), máis agrupadas
pola vertente sur.
Detalle da zona onde se concentran mais coviñas. |
32 - Petróglifo
Penagacha I
Petróglifo formado por un círculo cun pequeno oco no
centro, algunha coviña espallada e varios retoques nunha gran pía natural.
Gran pía natural retocada en varias zonas. |
Todo elo atópase nunha chaira na que aparecen varias
penelas. Está situada na caída do monte dos Campelos cara o pobo de Santa
Eufemia, na zona coñecida como Penagacha.
Círculo con coviña central. |
33 - Petróglifo
Penagacha II
Afloramento granítico cun penedo elevado, no que
apreciamos varias cuncas.
Afloramento na Pena Gacha. |
O penedo esta
moi desgastado por mor do vento que nesta zona de ladeira do monte de
Pena Gacha, sopra con grande forza e vai erosionando o petróglifo.
Detalle de unha coviña. |
Teñen unha forma irregular, de xeito que non son
totalmente circulares. As súas medidas son de aproximadamente 6 cm. para o eixe
máis longo.
34 - Petróglifo
Penagacha III
Situada na zona máis alta do lugar de Pena Gacha e sobre
un afloramento granítico, atópase unha rocha exenta na que podemos ver varias
cuncas dun tamaño duns 6 cm. de diámetro.
Peneda exenta enriba de outras. |
A planta destas non é totalmente circular. Están
distribuídas pola superficie superior desta rocha, a cal está chea tamén de
liques que dificultan a visión dos deseños.
Coviñas irregulares pola superficie da pedra. |
35 - Petróglifo
Raposeira II
Preto da peneda coñecida como A Raposeira ou “peneda do
persianas” (un petróglifo dos máis interesantes do Concello de Molgas), atopado por José Paz.
A Raposeira-II |
Localizamos este pequeno afloramento no que se aprecian moitas coviñas e algún suco, aínda
que todo elo moi desgastado.
Coviñas e sucos. |
A peneda está a rentes do chan; posiblemente evacuando a
terra circundante puidera atoparse algo máis.
36 - Petróglifo
Alto da Grama
Dende a igrexa do Santo Estevo de Ambía, subindo cara ó
alto da Ambiela e unha vez superado o primeiro outeiro, o do Monte da Grama,
atopamos este petróglifo nun penedal orientado cara poñente.
Penedo da gravura. |
É soamente unha das pedras a que ten as cuncas, unhas 20,
aínda que posiblemente tivera máis antes de que se lle tirara un anaco como
material de cantería.Unha das coviñas está repicada para intentar fendela.
Detalle de unha cazoleta. |
O tamaño das coviñas é moi regular, sendo todas dun
diámetro de entre 4 e 5 cm.
37- Petróglifo
Bolo Ambía
No fondo da caída do Monte da Grama cara ó poñente, nunha
zona de carballeiras, localizamos este penedo illado e solitario, con forma
case esférica que ten, na súa parte superior, unha cunca.
Localización do Bolo. |
Na parte do nacente
ten varias máis unidas con sucos. Entre todas compoñen unha curiosa forma.
Están as coviñas unidas con sucos con ramificacións, que
nos fai recordar o espidado da Ansuiña-I.
Coviñas e canles uníndoas. |
A maioría destes ocos teñen unha talla case perfecta,
formando medias esferas á semellanza das feitas con técnicas modernas.
38 - Petróglifo
Pena Coitela VII
Dende a zona da Pena Coitela e encamiñándonos cara a aba
do monte sobre Santa Eufemia, aparécenos esta peneda desgastada polo vento e a
auga.
Peneda facendo de peche. |
Posúe varias coviñas que varían en
tamaño entre as máis pequenas de 3 cm e as máis visibles de ata 7 cm de
diámetro.
Coviñas na superficie. |
Aproveitouse para facer desta pedra un elemento para o
peche das leiras, xunto con cachotes máis pequenos.
39 - Petróglifo
Pena Coitela VIII
Na mesma zona descrita no petróglifo de pena Coitela VII,
atópanse dúas penedas xuntas nas que vemos moitas coviñas.
Vista das penedas con gravuras. |
Na que está máis
desgastada son de diámetro variable e na outra, máis plana, son de meirande
tamaño.
Cazoletas nunha das penedas. |
Estas penas foron aproveitadas tamén para incorpora-las
como parte do peche das leiras, xunto con cachotes máis pequenos.
40 - Petróglifo
da Medorra I
Na falda sur do outeiro da Medorra, a non moitos metros
do Viñal atopamos esta curiosa gravura, en peneda a ras da terra.
Trátase de coviñas naviformes alongadas e dispostas a
modo de gallas, semellantes a outros petróglifos próximos como o Bolo de Ambía
e o Petróglifo de Ansuiña I, aínda que neste caso esas gallas non son tan
estilizadas nin rematan en coviña circular como ocorre nos xa mencionados.
Peneda das gravuras. |
Detalle da gravura. |
Polo
que nos inclinamos a asegurar que este e anterior no tempo, os artistas irían
depurando a técnica de gravado ata conseguir a perfección e beleza do Ansuiña I
preto do campo de fútbol de Baños de Molgas.
Estas cazoletas que forman o petróglifo teñen unhas
medidas de largo entre 15 e 20cm, un ancho de 6 a 9cm e unha fondura próxima a
5cm.
41 - Petróglifo
cruzamento de Marzás
Por unha pista de terra que arranca fronte ó cruzamento
de Marzás, a uns 350 m, nunha zona con piornos, atopamos varias penedas e sobre
elas as coviñas.
Unha das penedas con coviñas. |
Varias desas pequenas pías ou cuncas están moi
desgastadas e faise difícil velas. Os liques enchen as pedras complicando así a
detección dos motivos.
Unha das coviñas que mellor se ven. |
Unha das cuncas que está na peneda máis alta e
arredondada, ten un diámetro duns 6 cm. Tódalas demais son máis pequenas, de
entre 3 e 4 cm.
42 - Petróglifo
Cubreiro IV
No alto de un pequeno outeiro do monte Cubreiro, atopamos
esta peneda redonda na súa parte superior.
Peneda moi esposta as inclemenzas do tempo. |
Nela distínguense varias coviñas moi
desgastadas, probablemente debido ás características propias do granito que as
acolle e a acción do clima.
Parte alta da pedra onde están as coviñas moi desgastadas. |
Este monte atesoura varios petróglifos antigos e algún
máis moderno, como varios escudos de equipos de fútbol. Existen ademais outros
puntos de interese na contorna, como algún asentamento antigo e túmulos.
43 - Petróglifo
de A Seara
Pequena peneda de 2,5m de longo por 1,70m de ancho e 35cm
de alto no que podemos ver gravuras de varias tipoloxías e distintas épocas.
Peneda con distintas tipoloxías. |
Primeiramente vemos tres cazoletas aliñadas e orientadas
de nacente a poñente dun tamaño medio de 5cm de diámetro. Logo distinguimos
polo menos tres cruces, unha delas con círculos nos extremos, esta é a que
parece de tipoloxía latina. As outras dúas son semellantes ás de termo que
vemos normalmente cos catro brazos da mesma lonxitude.
Detalle da posible cruz retocada. |
Por último tamén aparece
unha curiosa gravura que non podemos identificar, inda que puidese ser unha
cruz modificada, á que se lle alongaron dous extremos que se xuntan pechando
unha especie de cadrado.
A poucos metros desta peneda atópase unha Mámoa, a Número
VI da Seara, neste Outeiro das Nogueiras no Monte Cubreiro.
44 - Petróglifo
As Ventosas
En pequena peneda de forma alongada e con unha altura de
pouco mais de un metro, distínguense 7 coviñas de 4cm de diámetro e entre 1,5 e
2cm de fondura.
Peneda con coviñas. |
Estas cazoletas debuxan unha forma que semella unha letra
U mal feita ou unha ferradura tamén un pouco torta, tendo a abertura cara ó
sur.
Coviñas en U. |
Atópase na zona de A Ventosa, preto do antigo camiño que
unía Betán con Marzás.
45 - Petróglifo
de As Besadas
Petróglifo inédito que se localiza en pequena peneda
semiesférica de 2,5x2m, na zona de As Besadas.
Peneda da Besada. |
Na parte mais alta ten unha coviña de uns 6cm de diámetro
rodeada por un círculo, dende esta cazoleta sae unha canle que baixa polo lado
sueste atravesando no seu descenso polo menos outras dúas de semellante tamaño.
Esta canle esta feita con un suco de uns 60cm de longo e entre 3 e 4cm de
ancho, tendo unha fondura de 1,5cm.
Apreciamos a canle que baixa cruzando as coviñas. |
Salientar que todo o conxunto está moi desgastado,
ademais a peneda está chea de musgo e broza, sendo complicado distinguir toda a
posible gravura.
Aparentemente parece que pode ter algunha coviña mais,
así como tamén parece algún anaco de canle. Sería conveniente unha limpeza para
saír de dúbidas.
46 - Petróglifo
da Aradiña
Bolo granítico de case 4m de altura, con superficie
superior case plana, tendo varias protuberancias polos laterais.
Vista da peneda dende a cima. |
Sobre a superficie superior e cara o lado sur, aparecen
alo menos oito coviñas de un tamaño entre 4 e 5cm de diámetro, concentradas en
pouco mais de 1/2m cadrado. Estas cazoletas teñen unha profundidade de entre 2
e 4cm.
Coviñas na cima da peneda. |
A gravura inédita, localizase a pouca distancia da aldea
de Nogueira de Arriba, tendo algunha palleira a poucos metros.
47 - Petróglifo
de Pena Ferreira
A Pena Ferreira, aparece no Catastro de Ensenada como
límite do couto de Nogueira de Betán, na actualidade Nogueira de Arriba.
Coviñas sobre a laxe. |
A gravura que aparece sobre esta peneda, está formada por
10 coviñas ben definidas, con tamaños entre 10cm de diámetro a maior e 5cm a
mais pequena.
Por un lado están agrupadas 8 de elas formando o que
parece unha cruz, estando as dúas maiores apartadas 1m aproximadamente.
Coviñas en cruz. |
Unha característica que diferencia ós petróglifos atopados
nos arredores de Nogueira de Arriba e a súa orientación, todos están situados
en zonas que non están orientadas cara o sur ou poñente, como si están a
maioría da nosa comarca.
48 - Petróglifo
de Pena Ferreira da Entrada
Sobre gran bolo granítico, sitúase esta sinxela gravura,
formada polo menos por 3 coviñas situadas na súa parte alta, orientadas en liña
norte sur. Localizándose algunha mais nas penedas próximas.
Penedas sobre as que aparecen as gravuras. |
Estas cazoletas, moi desgastadas, teñen un diámetro de
5cm aproximadamente, e unha fondura que vai dende 2cm ata escasamente 1cm.
Sitúase a escasos 120m do petróglifo do Corgo, atopado
por José Paz, un mariño retirado que atopou 12 na súa estadía no balneario de
Baños de Molgas no Nadal de 2009.
Unha das coviñas en peneda próxima. |
Unha característica que diferencia ós petróglifos
atopados nos arredores de Nogueira de Arriba e a súa orientación, todos están
situados en zonas que non están orientadas cara o sur ou poñente, como si están
a maioría da nosa comarca.
49 - Petróglifo
de Penas Altas
No outeiro chamado de Penas Altas, pequeno afloramento
granítico, composto de varios penedos de mediano tamaño, moi modificado polas
labores de canteira, atopamos estas gravuras.
Peneda nas Penas Altas |
Sitúanse nun dos penedos do lado sur, no que se poden ver
cando menos tres coviñas de tamaño medio 5cm de diámetro moi erosionadas, e
intúese algúns suco entre elas, facendo unha especie de ramificación.
Detalle da gravura. |
Este outeiro aparece no Catastro de Ensenada como límite
entre as freguesías de Ponte Ambía e San Pedro de Ribeira, actualmente non coincide
con esta liña administrativa.
Non sendo un gravado dos mais importantes, si lle teño un
cariño especial, pois atopeino non moi lonxe da miña casa natal.
50 - Petróglifo
Monte do Foxo
Na cima do outeiro chamado Monte do Foxo ou o Cruceiro,
sobre afloramento rochoso localizamos varias gravuras.
Peneda gravada en varias zonas. |
Arredor de unha gran pía natural podemos ver varias
coviñas de distintos tamaños, o resto das cazoletas concéntranse en dúas zonas,
unha polo sur e outra por nacente.
Polo lado sur de esta gran pía distínguense un grupo de
cazoletas moi desgastadas, de un diámetro entre 3 e 4 cm. Este grupo contén
unha figura xeométrica formada por unha cazoleta central e outras seis arredor
de esta, facendo un circulo de uns 22-25cm de diámetro, 30cm máis ó sur
distínguense outro grupo de coviñas semellantes.
Detalle de varias coviñas aliñadas. |
Na zona de nacente destacan 3 coviñas de un tamaño de 5 a
6cm de diámetro aliñadas de norte-sur nun lombo da peneda, preto de outras 3 de
semellantes dimensións que forman un triángulo.
Dende este outeiro do Foxo, e mais concretamente dende as
penedas da gravura, domínase o terreo circundante, polo que puido ser un lugar
de observación.
51 - Petróglifo
de Vidueiros
Peneda semiesférica na que podemos ver ademais de 4
coviñas de varios tamaños dúas cruces de termo, unha das cales está marcada con
suco profundo, sendo un dos trazos de un tamaño superior ó outro, semellando
unha tipoloxía cristiá, tendo no que sería a base unha pequena coviña. A outra
cruz ten os dous trazos do mesmo tamaño uns 12 cm, e está moi erosionada.
Peneda semiesférica. |
A peneda está mutilada en parte, sendo posible que
desaparecera parte da gravura.
Detalle de cruz e coviñas |
Actualmente non se atopa marcando ningunha división
territorial, xa que non coincide cas actuais marxes de parroquias ou concellos,
polo que deberon cambiar radicalmente esas marxes ou ben non son de termo e
simplemente se fixeron para cristianizar a zona das antigas cazoletas.
52 - Petróglifo
Tras do Corgo
Penedo de catro por seis mts e unha altura de 1,20mts, a
súa parte superior na parte central está bastante plana, sendo esta onde se
atopan a maior parte das coviñas que forman a gravura.
Peneda da gravura. |
Conta con unhas dúas ducias de coviñas con un tamaño regular,
entre 4 e 5 cm de diámetro, con unha profundidade entre 2 e 3 cm.
Na parte baixa do penedo ten unha gran pía natural que
foi retocada, facéndolle unha saída a modo de canle a auga.
Coviñas na cima da pedra. |
Petróglifo inédito que se salvou por pouco de ser
arrasado polo AVE quedando a escasos metros do seu trazado.
53 - Petróglifo
de Penouzos
Sobre un penedo redondeado, tendo a súa cima aplanada,
distinguimos media ducia de cazoletas e unha cruz feita con dous sucos, tendo
estes unha coviña en cada extremo.
Penedo redondeado onde está a gravura. |
Esta cruz posiblemente marcara a liña que separa as
parroquias de Presqueira (San Xoán) e Ambía (San Estevo), aínda que o actual
linde estea desviado uns 150mts.
Cima do penedo onde vemos as coviñas e cruz. |
http://patrimoniogalego.net/index.php/92819/2017/02/petroglifo-de-penouzos/
Por pescudas que temos realizado, parece ser que a pena quedou enterrada cando asfaltaron a pista que pasa polo lugar (que saíndo de Brandín, chega ata a que une Almoite con Piuca).
https://asherdanzasdotempo.blogspot.com.es/2015/09/presentacion-da-2-monografia-da-saga-en.html
Espero que sexa do voso agrado e toque a “fibra” a mais de un.
Un saúdo
54 - Petróglifo
Monte Trabazos
Gravuras que se atopan en penedo orientado cara o sur en
pequeno outeiro chamado Trabazos.
Zona do penedo onde se aprecia a pía trébol. |
Este penedo ten unha pía natural en forma de trébol ,
arredor da que ten unha ducia de coviñas con un tamaño entre 4 e 5cm de
diámetro, algunha moi desgastada pola erosión.
Coviñas arredor da pía natural. |
Este pequeno outeiro localizámolo a escasos metros da
pista que une Guamil con Meamán.
55 -
Petróglifo de Alambaixo
Laxe que está nunha pista,
semi-cuberta de terra, sobre a que aparece a gravura.
Partes da laxe polos dous lados da pista. |
Nas zonas visibles distínguense
3 coviñas, cada unha de un tamaño e fondura diferente, sendo a maior de un
diámetro aproximado de 8cm e unha fondura superior a 4cm.
A pequena ten uns 3cm de
diámetro e unha fondura de case 2cm, situándose a intermedia a medio camiño
entre as dúas.
Dúas das coviñas. |
Dúas témolas nunha beira da
pista, estando a outra do outro lado
Sería necesario limpar a terra
para ver a totalidade da pedra, que de seguro ten mais gravuras.
56 -
Petróglifo de Espiñeiros
Petróglifo inédito, localizado
casualmente ó levantar unha pedra exenta sobre a peneda da gravura, deixando ó
descuberto unha coviña.
Peneda atuada na broza. |
10 cazoletas de distintos tamaños,
varios sucos que son modernos, posiblemente da rella do arado de un tractor.
O tamaño das cazoletas varía
dende os 10cm aproximadamente da maior a 2,5 da mais pequena.
Coviñas e sucos das rellas do arado. |
Intúese que a gravura pode ser
maior, pois o penedo e grande e de seguro agocha outras cousas, sobre todo no
lado sur onde non se limpou.
Curiosidades, desaparecidos e outros
No interior da capela de Santa Eufemia, podemos ver un
petróglifo, un pequeno debuxo dun cervo no extremo Leste da parede Norte, que
nos chama a atención preto da esquina.
Trátase da figura esquemática do animal, falta adiviñar se a gravura foi feita
xa dentro da capela, ou sería unha pedra re-aproveitada con esta gravura feita
anteriormente, algo que parece difícil.
Na parte baixa vese un posible boceto de outro cervo. |
Aínda que moi esvaída, distínguese outra figura máis tosca pola parte baixa da
pedra.
58 -
Petróglifo da Laxe de Carrás
A Laxe de
Carrás (Almoite): Descuberta no ano 1837 polo deán Juan Bedoya,
José de la Fuente e Verea y Aguiar. Bedoya enviou un debuxo a acuarela á
Academia da Historia. Na parte inferior dereita escribiu: "La peña hace un
pequeño lomo pero sin prominencias: hállase en la parroquia de Almoite, partido
judicial de Allariz".
Por pescudas que temos realizado, parece ser que a pena
quedou enterrada cando asfaltaron a pista que pasa polo lugar (que saíndo de
Brandín, chega ata a que une Almoite con Piuca). Crese que pode ser unha pena
con variadas ledas ó seu arredor, da que se dicía que agochaba un tesouro e que
algo tiña que ver cos mouros, un año de ouro enterrado, ou a do túnel por
debaixo que saía na fonte da moura, que dista mais de 100m.
Con total seguridade e a mesma que o Castastro de
Ensenada menciona como Peneda da Moura que marca os límites entre as parroquias
de Almoite (Santa María) e Betán (San Martiño), na zona do Monte Carrás.
Documento do envío á Academia da Historia. |
Ó lado do debuxo pon: "Plano y dibujo de una peña que
presenta una que hay en el monte Carrás, término de Orense".
Información: Xabier Moure
Por pescudas que temos realizado, parece ser que a pena quedou enterrada cando asfaltaron a pista que pasa polo lugar (que saíndo de Brandín, chega ata a que une Almoite con Piuca).
Con total seguridade e a mesma que o Castastro de Ensenada menciona como Peneda da Moura na zona do Monte Carrás.
59 -
Petróglifo da Laxe do Cervo
O cervo que figuraba insculpido na laxe desapareceu polo
desgaste xa que formaba parte do firme dun carreiro próximo a Poedo.
Información: Xabier Moure
60 – Altar
druídico en Almoite
Eladio Rodríguez
González, no seu Diccionario enciclopédico gallego-castellano (1958), di que na
parroquia de Almoite había un altar druídico, que se supón con gravuras varias.
Información: Xabier Moure
61 - Escudos de fútbol
Dignos de mención, tamén son varios petróglifos modernos
que temos no concello, da tipoloxía escudos de fútbol.
Sábese de dous do Real Madrid, un de eles a medio facer,
un do barÇa e outro do Atl. de Bilbao.
A visión de estes pódenos axudar a entender un pouco o
motivo que levou ós nosos antergos a realizar as gravuras. Deixándonos a mostra
de aquelo que mais lle importaba no seu momento, igual que hoxe para calquera
bo afeccionado ó deporte, o pode ser o escudo do seu equipo.
Escudo do Barça no Cubreiro |
Escudo R.Madrid legado do Chito de Molgas. |
62 – Cruces de termo
Non podemos
esquecer outro tipo de gravuras moi comúns na nosa bisbarra, as cruces de
termo, a maioría feitas na idade media e época moderna. A moitas de elas
atopamos referencias no Catastro de Ensenada.
Cruz na base do cruceiro do San Vitoiro. |
Temos varios exemplos
como as dúas que se localizan no cruceiro de San Vitoiro, unha na laxe entre as
gravuras e outra no penedo que lle fai de base ó cruceiro. Na descrición das
marxes comúns das parroquias de Baños de Molgas (San Salvador) e Presqueira
(San Martiño), defínenos este catastro, as cruces preto da capela.
Duas cruces na cima do Monte Cubreiro |
Temos outras varías no
Monte Cubreiro, unhas marcan a marxe entre os concellos de Baños de Molgas e Paderne
de Allariz, outras o perímetro do Couto de Nogueira.
Cruz cristiá na Pena Salada |
Tamén no Cubreiro na Pena
Salada unha con tipoloxía cristiá que indica o punto común ós concellos de
Baños de Molgas, Maceda e Paderne de Allariz.
Cruz nos Vidueiros |
Outras cruces son para
cristianizar algunha zona onde persistía algún tipo de rito pagán, temos un posible
exemplo no Petróglifo de Vidueiros e outro nas proximidades de Santa Eufemia,
na Aira do Foro.
Cruz na Aira do Foro Santa Eufemia. |
Cruz na Presa do Cereiro. |
Outra cruz no Monte Cubreiro. |
Resumo
Esperamos que este intento de aclarar e amosar a nosa
riqueza patrimonial serva para que a teñamos en conta, sabendo que debemos estimar
este legado que nos deixaron os nosos antepasados.
Eles deixáronos o mellor do seu esforzo, “As Herdanza do
Tempo” que nós debemos coidar e respectar para que vindeiras xeracións as podan
desfrutar.
Esperemos que logo se quede anticuado esta listaxe e
teñamos que ampliala.
Agradecementos
É de ben nacidos ser agradecidos, polo que teño que dar as grazas a moitos que me
axudaron a recompilar toda esta información, sen os cales non tería sido tal.
Con Ambrosio Borrajo |
En especial a Ambrosio Borrajo, que estará farto de min,
consultándolle de seguido dúbidas e dúbidas.
Pepe Oliva |
O mesmo con Pepe Oliva, que nunca rexeita axudar no
que sexa e compartir os grandes coñecementos que ten da nosa terra.
Jaime Iglesias |
Obrigado e tamén facelo
con Jaime Iglesias, o noso alcalde,
que tendo que loitar contra mil e un problemas, sempre está presto para tirar
polo patrimonio e disposto a facer mais do que realmente pode.
Algo que non se atopa na actual clase política.
Un bo exemplo é que a
piques está de cumprirse dous anos da presentación no local social o Cruceiro
en Ponte Ambía da Monografía Nº2 da SAGA “Petróglifos
inéditos das comarcas de Ourense e Allariz-Maceda”, na que puidemos amosar
ós nosos veciños a gran riqueza patrimonial que temos no concello.
Cartaz da presentación da 2ª monografía da SAGA no Cruceiro (Ponte Ambía) |
https://asherdanzasdotempo.blogspot.com.es/2015/09/presentacion-da-2-monografia-da-saga-en.html
Espero que sexa do voso agrado e toque a “fibra” a mais de un.
Un saúdo