sábado, 10 de xaneiro de 2015

Outra desfeita impune do noso patrimonio

Con estas liñas quero informar de algo do que prefería non ter feito, o novo achado de unha desfeita do patrimonio, que de seguro quedará impune.
Como case sempre que se realiza una obra como esta do eterno AVE a Galicia, as construtoras deixan as súas pegadas nas malferidas herdanzas dos nosos antergos.
O pasado dia 5 de Decembro achegueime a unha zona afectada polas obras onde, onde miña familia tiña uns cachos de monte, que esta xente destrozou no largo facer desfacer de esta faraónica obra. Afanado en intentar adiviñar o que quedara de estes terreos, chamoume a atención o aparello metálico colocado sobre unha peneda, supostamente para medición na construción da ponte que se construíu para que a alta velocidade no tramo Meamán-Ponte Ambía atravesara o río Arnoia, nesta zona entre as aldeas de Ponte Ambía e Santa Eufemia, no concello de Baños de Molgas.

Ponte xa rematada
Imaxe de goolzoom.com





Peneda ó lonxe

Foto dende a outra beira do Arnoia


















































Como se pode ver parece un soporte para colocar enriba algún aparello para ir medindo a exactitude da construción. Xa está cheo de óxido.
Foron elixir a peneda que mellor se lle axeitaba para a súa necesidade, nesta elección foron dar con esta pedra que estando no límite común das parroquias de Ponte Ambía (Santa María) e San Pedro de Ribeira (San Pedro), tiña as pertinentes cruces de termo cas que na antigüidade marcaban estes “Marcos” divisorios.
Trátanse aparentemente de catro cruces, de distinta factura e polo tanto supostamente distinta data de construción. Digo aparentemente, xa que como se observa nas fotos, a base do aparello tapa parcialmente a case todas as cruces, e puidera que ocultara totalmente a algunha mais.


Soporte amarrado con parafusos na rocha




Esta foi a placa que estragou as gravuras na rocha, como se pode ver ten seis parafusos de diámetro considerable perforados na pedra.
Esperemos que cando se retire, os buratos non afectaran ás cruces en demasía.






Amarre para tirante






Ademais da placa tamén aparece algún parafuso mais pola superficie da rocha.








Cruz nº 1



Cruz número 1 situada polo lado noreste é de tipoloxía cristiá con terminacións en forma de pequena pía nos catro extremos dos dous sucos que a forman. Aparece parcialmente oculta debaixo da chapa.








Cruz nº2



A que supoño é a cruz número 2, solo se aprecia o que semella ser a base de esta. Aparentemente esta é mais moderna que a anterior, o suco non está tan redondeado como na anterior, e está menos erosionada.
Situada polo lado norte da peneda, xa no borde de esta.






Cruz nº3


No lado suroeste atopamos a cruz número 3, semioculta debaixo do metal invasor. Un dos sucos aparece xusto na esquina da devandita chapa, estando a metade do outro suco debaixo, e calculamos que o parafuso próximo puidera estar atuado no seu extremo.
Esta é a típica cruz de termo que atopamos por estas terras, a formada por dous trazos da mesma dimensión cruzados a 90º pola súa zona central.




Cruz nº4




A última das cruces de termo visibles é esta que na foto non se aprecia a penas. Trátase de unha semellante a anterior pero os seus sucos están pouco marcados e moi redondeados, posiblemente pola erosión, xa que se sitúa polo noroeste, e a antigüidade de esta.







Esperemos que amosando as continuas desfeitas que imos vendo, se lle poida por freo a tanto despropósito, e os responsables fagan respectar este noso patrimonio malferido.
Que os responsables de tanta “cafrada”, rectifiquen e que nas vindeiras ocasións tomen medidas para evitar esta cisma por atacar os maltreitos bens patrimoniais, e mais sendo evitables como esta, na que se pudo facer un soporte provisional, durante o tempo que durase a obra e non estragar algo que leva moitos anos alí feito.

Estamos acabando ca herdanza que nos deixaron os nosos antergos, eles encomendáronnos a obriga de mantela e respectala para que vindeiras xeracións poidan gozar de ela.

A localización e coordenadas da peneda é a seguinte: 42.228014, -7.708672 (PREME)

A zona onde se localiza, actualmente coñecese como Presa, no Catastro de Ensenada vendo o marqueo da feligresia de Ponte Ambía, atopamos unha referencia que ben poidera ser este “marco” “....y sigue bajando al que se dice Penas Altas y de este sigue al Rio Arnoya y Presa llamada do Cereiro y por dicho Rio.....”

Conto con que esta pequena queixa chegue a quen teña na súa man poder tomar medidas e concienciar da nosa obriga de dar o testigo de estas "herdanzas do tempo" a aqueles que deberán continuar en tempos vindeiros con esta encomenda.


venres, 12 de decembro de 2014

Presentación da 2ª monografía da SAGA en Esgos

Presentación no Centro Cultural Parada Justel  5 de decembro 2014


Cartaz da Presentación
O pasado 5 de Decembro xuntámonos no Centro Cultural “Parada Justel” para facer a presentación da Monografía nº 2 da SAGA – “Petróglifos Inéditos das Comarcas de Ourense e Allariz-Maceda”.
Polo apoio recibido, quero agradecer a todos os que vos achegastes ata Esgos na tarde do pasado día 5 de decembro, sei que moitos tivestes  que facer un gran esforzo para poder acompañarme.
E a Esgos e os seus responsables, por acollernos de esta forma, facéndonos sentir como na casa.
Situacións coma esta, fan que o traballo necesario para chegar ata aquí, pareza sinxelo. Esas picadas dos toxos ou as torceduras de nocello, mais as horas de análise para facer esas fichas de cada elemento queden esquecidas e recordemos só estes momentos de “gloria”, isto fainos retomar estes traballos con unha ilusión renovada.


Este esforzo non se viu recompensado en todo pola pouca destreza de este servidor, que falto de practica acusou en demasía o “debut”, polo que para a próxima tentaremos mellorar, xa que temos espazo para tal mellora.

Aquí quedan unhas imaxes do acto a xeito de recordatorio, para que nos vexamos.....cando isto xa non sexa mais que unha anécdota.


A piques de comezar
O Centro Cultural enchéndose
De feito encheuse
Últimos preparativos

Comezou o mestre Miguel Losada (secretario da SAGA)
dando a coñecer tanto a SAGA como a súa actividade.

Amosounos todas as publicacións e as tarefas en que están 
inmersos. Logo temen nos fixo unha referencia á monografía.
Que por fin se daba a coñecer este día e nun lugar no que nos
 sentimos como na casa.
E por fin o "debut" produciuse.
Fomos saíndo adiante a "trancas e barrancas"





Fomos rematando con agradecementos varios.
O público volcado.

A atención faise evidente nesta foto.
Incluidos os mais pequenos.


Xa mais tranquilos, con algunha nota.
Os asistentes volcándose no mercadillo.
E no remate, foto para a "posteridade" xunto ó
"mestre"
Non podía faltar unha mención para os reporteiros.
Eles fixeron un gran traballo na sombra.

Mención aparte tamén merece o gran Ambrosio

O "Camera Operator"

Vemos agora un video resumo da presentación.

Espero que fose do voso gusto, e vémonos na próxima.

Ata outra