luns, 12 de outubro de 2020

Que non se esquezan!



Os que acostumamos a botar unha ollada cara atrás, decatámonos de tantos obxectos que nos acompañaban a diario, e que se están perdendo senón poñemos remedio. Non solo o seu emprego, senón tamén o nome que os define, e todo aquelo relacionado co seu uso.

A cultura dun pobo é algo que non se debe de perder e para intentar que iso non ocorra, queremos expoñelas neste humilde escaparate, para  “que non se esquezan”.

Gerardo Gavilanes (muiñeiro no muiño do Piepito)
Gerardo Gavilanes (muiñeiro no muiño do Piepito)

Maiormente referirémonos a apeiros de labranza, ademais de útiles ou obxectos de distintas tarefas realizadas nas aldeas do noso entorno. Tamén trataremos os nomes das distintas labores na vida cotiá dos nosos antepasados. Irémolos agrupando por utilidades ou operacións. Faremos un caixón con distintos departamentos,  que serán feitos atendendo a súa utilidade, usos ou particularidades de cada un ou grupo de elementos. Será inevitable que dous ou mais caixóns, conteñan algún elemento común, decidiremos en cal de eles desenvolveremos mais a información. Un exemplo pode ser o xugo, que nos aparece no caixón do carro e tamén no da xugada, así como no da sementeira.

Renderémoslle unha pequena homenaxe a todos os nosos devanceiros. Esas mulleres e homes que traballaron nesas tarefas con estas ferramentas, e que cun enorme esforzo físico, realizaron as faenas propias do campo coas que foron capaces de alimentar e sacar adiante a moitas xeracións.


Ferramentas para aguzar e crabuñar 


Os nomes que teremos en conta, serán os do noso ámbito (Ponte Ambía). Temos claro que non coincidirán cos de outras áreas do variado territorio galego. De certo sabemos que o mesmo elemento pode variar de nome en poboacións próximas, ou mesmo cambiar un nome por outro. Temos un práctico exemplo como e o da fouce e o fouciño, de Ponte Ambía a Ambía (en apenas un km de distancia), intercambian os nomes. 



As fotos utilizadas, así como os debuxos, intentaremos que sexan da nosa propiedade ou de unha cesión para este traballo. Se non fose posible, botaremos man do que atopemos na internet, indicando a súa procedencia.

Baixo estas liñas situamos os enlaces a cada un dos caixóns, que se irán actualizando, segundo se vaian rematando e publicando.


www.pinterest.es/pin

-    Acceso a cada un dos caixóns premendo no enlace:

Ø  Caixón 1 – O carro

Ø  Caixón 2 – A xugada.


Ø  Caixón 3 – O ciclo, da sementeira á colleita.


Ø  Caixón 4 – A seitura e a sega.


Ø  Caixón 5 – A almacenaxe.


Ø  Caixón 6 – Os oficios.


Ø  Caixón 7 - 







Roda do carro
https://fr-fr.facebook.com/groups/santiagodecerreda




Conto cos vosos comentarios, para poder corrixir e mellorar este traballo da nosa memoria case esquecida, agradecendo de antemán a vosa colaboración.






Ningún comentario:

Publicar un comentario