Os que
acostumamos a botar unha ollada cara atrás, decatámonos de tantos obxectos que
nos acompañaban a diario, e que se están perdendo senón poñemos remedio. Non
solo o seu emprego, senón tamén o nome que os define, e todo aquelo relacionado
co seu uso.
A cultura dun pobo é algo que non se debe
de perder e para intentar que iso non ocorra, queremos expoñelas neste humilde
escaparate, para “que non se
esquezan”.
Gerardo Gavilanes (muiñeiro no muiño do Piepito) |
Maiormente
referirémonos a apeiros de labranza, ademais de útiles ou obxectos de distintas
tarefas realizadas nas aldeas do noso entorno. Tamén trataremos os nomes das
distintas labores na vida cotiá dos nosos antepasados. Irémolos agrupando por
utilidades ou operacións. Faremos un caixón con distintos departamentos, que serán feitos atendendo a súa utilidade,
usos ou particularidades de cada un ou grupo de elementos. Será inevitable que
dous ou mais caixóns, conteñan algún elemento común, decidiremos en cal de eles
desenvolveremos mais a información. Un exemplo pode ser o xugo, que nos aparece
no caixón do carro e tamén no da xugada, así como no da sementeira.
Renderémoslle
unha pequena homenaxe a todos os nosos devanceiros. Esas mulleres e homes que
traballaron nesas tarefas con estas ferramentas, e que cun enorme esforzo
físico, realizaron as faenas propias do campo coas que foron capaces de
alimentar e sacar adiante a moitas xeracións.
Ferramentas para aguzar e crabuñar |
Os nomes que
teremos en conta, serán os do noso ámbito (Ponte Ambía). Temos claro que non
coincidirán cos de outras áreas do variado territorio galego. De certo sabemos
que o mesmo elemento pode variar de nome en poboacións próximas, ou mesmo
cambiar un nome por outro. Temos un práctico exemplo como e o da fouce e o
fouciño, de Ponte Ambía a Ambía (en apenas un km de distancia), intercambian os
nomes.
www.pinterest.es/pin |
Todo esforzo será pouco, para intentar preservar estas herdanzas case esquecidas, que durante séculos foron pasando de pais a fillos, logrando así que non fosen parte do esquecemento que agora si está a piques de chegar, se non pomos remedio para elo.
As fotos utilizadas, así como os debuxos, intentaremos que sexan da nosa propiedade ou de unha cesión para este traballo. Se non fose posible, botaremos man do que atopemos na internet, indicando a súa procedencia.
Galicia – Carlos Velo (1936)
Baixo estas liñas
situamos os enlaces a cada un dos caixóns, que se irán actualizando, segundo se
vaian rematando e publicando.
- Caixón 1 – O carro.
- Caixón 2 – A xugada.
- Caixón 3 – O ciclo, da sementeira á colleita.
- Caixón 4 – Ferreiros e muiñeiros de Ponte Ambía.
- Caixón 5 – A sega e a seitura.
- Caixón 6 – A almacenaxe.
- Caixón 7 – Outros oficios.
- Caixón 8 -
Roda do carro |
https://fr-fr.facebook.com/groups/santiagodecerreda |
Conto cos vosos
comentarios, para poder corrixir e mellorar este traballo da nosa memoria case
esquecida, agradecendo de antemán a vosa colaboración.
Ningún comentario:
Publicar un comentario